Día do Emprendedor Galicia 2011

Nos vindeiros días terá lugar a sexta edición do Día do emprendedor, que, a diferenza de anos anteriores, se celebrará tamén nas cidades de Lugo e de Ourense, e como vén sendo habitual, en Santiago de Compostela.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no marco do plan de empredemento no sistema educativo “eduemprende”, que ten como obxectivo o fomento do espírito emprendedor, participará con actividades específicas dirixidas ao profesorado e ao alumnado de 4º de ESO, de bacharelato e de formación profesional.

Desenvolveranse charlas profesionais e relatorios das experiencias emprendedoras de novos e antigos alumnos e alumnas, e, así mesmo, contará cun posto, ademais de mesas de asesoramento individualizado.

Toda a información referida a este evento, incluído o programa xeral, poderá consultarse nas páxina web www.diaemprendedor.com

As datas e o lugar onde se realizará o evento son as seguintes:

  • Martes, 18 de outubro. Xornada de presentación no Pazo de Feiras e Exposición de Lugo.
  • Xoves, 20 de outubro. Xornada de presentación no Pazo de Feiras e Exposición de Ourense.
  • Martes 25 de outubro. Macroxornada no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
Etiquetas: