Galicia Skill 2012, Skill Coidados de beleza. Reportaxe gráfica

O martes, 16 de outubro, tivo lugar a terceira xornada de competición do II Campionato Galego de Formación Profesional, Galicia Skill 2012 co Skill Coidados de beleza. A competición realizouse no IES de Teis de Vigo.

A proba consistíu na elaboración de tres traballos:
- Proba 1: Maquillaxe de noiva ou evento (tempo: 1 h 15 minutos)
- Proba 2: Masaxe corporal completo (tempo: 60 minutos)
- Proba 3: Tratamento facial con técnicas electroestéticas (tempo: 1 h 45 min)
Dispuxeron de 4 horas e 30 minutos, repartidas en sesións de mañá e tarde, cun descanso 15 minutos entre cada proba, penalizando o xurado, as/os competidores que se presenten fora de tempo.
O xurado valorou tanto a parte técnica (manexo de equipos e útiles, limpeza, orden etc., durante a elaboración), como a procedimental (secuencia do tratamento, ritmo do masaxe, harmonía na maquillaxe, etc.)

- Galería de imaxes

Etiquetas: