Galicia Skill 2012, Skill Deseño web. Reportaxe gráfica

O mércores, 17 de outubro, tivo lugar a cuarta xornada de competición do II Campionato Galego de Formación Profesional, Galicia Skill 2012 co Skill Deseño web. A competición realizouse no IES Muralla Romana de Lugo.

A proba consistíu na elaboración dunha páxina web.
Dispuxeron de 7 horas, cun descanso para xantar, penalizando o xurado, aos que se presentasen fóra de tempo.
O proxecto a desenvolver na competición sería unha versión modificada un mínimo do 30% respecto ao test project publicado, o cal quere dicir que se puideron engadir ou suprimir cousas do proxecto orixinal.
O skill estivo patrocinado polas empresas ittecno e LugoInternet.

- Galería de imaxes

Etiquetas: