Xornada de formación para orientadores. Ampliación do prazo de inscrición

Amplíase o prazo de inscrición nas xornadas ata o día 22 de abril de 2013!

A xornada formativa está destinada aos profesionais da especialidade de orientación educativa. Realizarase o mércores 24 de abril no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela.

Tratarase con especial atención a importancia da busca de emprego en tempos de crise, o emprendemento desde o sistema educativo, a FP Dual, as probas libres para a obtención de títulos de FP, as habilitacións profesionais e o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación da competencia profesional da poboación traballadora.

Pódese realizar a inscrición no enderezo www.edu.xunta.es/fprofe utilizando como criterio de busca a referencia G1202022.

Data: 
Luns, 22/04/2013 (Todo o día)