Premios XXIII Certame "Jóvenes Investigadores". Convocatoria 2021

Aberto ata o 17 de outubro o prazo para participar no certame Jóvenes Investigadores, organizado conxuntamente polo Ministerio de Universidades e o Instituto de la Juventud. O obxectivo do certame é promover a investigación entre mozos e mozas mediante a concesión de premios a traballos realizados sobre investigacións básicas ou aplicadas, ou prototipos relacionados con calquera das áreas do currículo do Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional.

Poderán tomar parte neste certame, de forma individual ou colectiva, ata un máximo de tres persoas, de nacionalidade española ou con residencia legal en España, que cumprisen 15 anos antes do 31 de decembro de 2020 ,que non cumprisen 21 anos a 30 de setembro de 2021 e que estiveran matriculados durante o curso 2020-2021 en centros docentes españois de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional.

Etiquetas: