Novas da Rede

VI Campionato de Sommelier "Suso Domínguez"

O CIFP Carlos Oroza celebra os días 26 e 27 de febreiro de 2019 unha nova edición do Campionato de Sommelier "Suso Domínguez", co obxectivo de dar prestixio ao traballo que realizan os profesionais de sala.

Nesta edición o CIFP Carlos Oroza quere amosar aos futuros profesionais da sala o camiño profesional de éxito dalgúns referentes deste eido, como o dos ex-alumnos Eduardo Camiña e Tomás Ucha, xefes do equipo de sommelier do restaurante Mugaritz, o de Gabrile Vázquez, xefe de sala de Casa Sola, ou o de Mario Ayllón, gañador da cuarta edición do campionato de sommelier Suso Domínguez, que continúa actualmente coa súa formación do Instituto Galego do Viño.

Para esta edición do campionato, o programa foi ampliado, ofrecendo aos concursantes actividades formativas que complementen o traballo da competición, como unha formación específica en viño de Porto, visitas ás adegas de Paco e Lola, ou unha cea maridada con viños e tapas co mellor especialista en tapas, o ex-alumno do centro Rubén González de O Cafetín.

Os competidores chegan desde todos os puntos de Galicia, ademais de Xixón, Segovia, Coimbra, Viana do Castelo e Douro Lamego.

Programa

Martes 26

9:00 horas. Benvida e almorzo no CIFP Carlos Oroza. Ás 9.30 visita da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar.

10:00 horas. Formación e cata sobre viños de Oporto a cargo de D. Paulo Pinto formador oficial do panel de cata da IVDP Porto e Douro.

13:30 horas. Comida de grupo no Taller Restaurante Álvaro Cunqueiro do centro.

15:30 horas. Inicio das tres primeiras probas clasificatorias da primeira parte do concurso. Primeira proba, un cuestionario específico sobre o IVDP Porto e Douro. Segunda proba, identificación de olores, nez du vin 54 aromas. Terceira proba, identificación dun viño da IVDP Porto e Douro entre 3 referencias dadas.

17:30 horas. Traslado do grupo en autobús ás Bodegas Paco&Lola en Meaño para visita e cata.

21:00 horas. Cea de grupo "Tapas maridadas" en "El Cafetín" da Alameda de Pontevedra

Mércores 27

9:00 horas. Almorzo de grupo no CIFP Carlos Oroza.

10:00 horas. Relatorio "El Sumiller del Siglo XXI" impartida por Xoan Cannas, director do Instituto Galego do Viño.

11:15 horas. Subida dos concursantes ao auditorio Príncipe Felipe onde se desenvolverá a final del Campionato.

12:00 horas. Comezo da final co anuncio dos cinco concursantes finalistas que competirán na proba final. O xurado estará composto por Xoan Cannas (Director do Instituto Galego do Viño), Esther Daporta (sumiller do restaurante Yayo Daporta), Eduardo Camiña (sumiller do restaurante Mugaritz), Gabriel Vázquez (xefe de sala de Casa Solla), Paulo Pinto (formador da IVDP Porto e Douro), Manuel Hermida (profesor de servizos en restauración), Martiño Santos (do espazo enocultural Vide Vide) e Pedro Villamarín (vicepresidente de AGASU). Na proba final, os participantes realizarán un degüelle con candea dunha botella vintage dun viño de Porto co que rematarán a súa participación no concurso.

14:00 horas. Entrega de premios, que serán bolsas para distintas formacións no Instituto Galego do Viño para os tres primeiros clasificados. Para tódolos participantes haberá diferentes presentes de entidades que apoiaron o noso campionato desde a primeira edición.

14:30 horas. Comida de confraternidade e despedida no taller restaurante Álvaro Cunqueiro.

Cartel VI Campionato Sommelier Suso Domínguez