Solicitude de propostas da nova Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE)

O OAPEE publicou a convocatoria de propostas da nova Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) para o período 2014-2020 no Diario Oficial da Unión Europea do 23 de marzo de 2013.

Importante:

Todas as institucións, aínda que xa posúan na actualidade unha Carta Erasmus do tipo que sexa, que impartan ensinanzas de educación superior –ciclos de grao superior da Formación Profesional, ensinanzas artísticas superiores ou outras– deben solicitar esta nova Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) para o período 2014-2020. Esta Carta será necesaria para participar na convocatoria do novo Programa en 2014 (curso académico 2014-2015).

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de maio de 2013.

Todos os solicitantes terán que encher un único modelo de formulario de solicitude, independentemente das actividades que pretendan desenvolver no novo Programa.

Pódese consultar a Convocatoria 2014 para solicitar a nova Carta Erasmus de Educación Superior na seguinte ligazón:

Convocatoria 2014