Solicitudes e inscrición 2011

Xunto coa solicitude, deberase presentar a seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada do DNI, pasaporte ou, no caso de persoas estranxeiras, o NIE ou autorización de residencia ou de residencia e traballo en vigor en España. A presentación da fotocopia do DNI ou NIE non será necesaria en caso de que a persoa solicitante autorice a consulta de datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia.
 
  • Historial profesional e/ou formativo de acordo co currículo europeo.
 
  • Calquera outra documentación de carácter laboral e/ou formativo que sirva como proba potencial da competencia que se pretenda demostrar.