Descrición da actividade


Título

Unha forma divertida de aprender matemáticas

Forma de participación

En rede

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G1101026
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  13/02/2012  -  10/05/2012
Data límite de inscrición: 20/12/2011
Lugar: Platega
Prazas:  60

Horas totais

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 30
 

Destinatarios

  • Educación infantil
  • Educación primaria

Corpos e especialidades

597 - Mestres

Temas e subtemas

Plan anual - 2011-2012

Criterios de selección

Obxectivos

1.Fomentar o gusto polas matemáticas, mediante a utilización de formas alternativas de ensinanza dalgúns conceptos matemáticos correspondentes as propostas metodolóxicas do currículo.

2.Proporcionarlle ao profesorado xogos, recursos e materiais que faciliten a adquisición de determinados conceptos matemáticos.

3.Favorecer o deseño de actividades que atendan á diversidade do alumnado.

Contidos

1.Os polígonos e a súa clasificación.

2.Os corpos xeométricos tridimensionais.

3.As medidas de lonxitude, de superficie, de capacidade, de masa e de tempo

4.Elaboración e interpretación de táboas de datos.

5.Materiais diversos para a aprendizaxe de conceptos matemáticos, tales como barallas, dominós, dados, espellos, papel, xeoplanos,tangram, policubos, pentominós, ábacos, sudokus, cadrados máxicos, etc

6.Diferentes xogos matemáticos e de estratexia, así como acertixos e enigmas útiles para exercitar o cálculo mental e para a utilización da calculadora

7.Páxinas web con recursos e materiais interesantes para a aprendizaxe das matemáticas dunha forma amena, algúns relacionados coa pintura.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Diz Iglesias, Mónica

Enderezo Electrónico:  cafi.infantil.primaria@edu.xunta.gal