Descrición da actividade


Título

Filosofía para nenos e nenas

Competencias profesionais

Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin.

Especialista na súa materia - Coñecemento na área de Educación.

Forma de participación

En rede

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G1101029
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  13/02/2012  -  10/05/2012
Data límite de inscrición: 20/12/2011
Lugar: Platega
Prazas:  60

Horas totais

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 30
 

Destinatarios

  • Educación infantil
  • Educación primaria

Corpos e especialidades

597 - Mestres

Temas e subtemas

Plan anual - 2011-2012
Plan anual - 2016-2017
Plan anual - 2017-2018

Criterios de selección

Os criterios xerais do plan anual de formación.

Indicadores de competencias

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.4.B.1.3. Utiliza os recursos da Internet para a aprendizaxe autodeterminado no ámbito profesional.

Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - B1 - 2.3.B.1.3. Utiliza formatos estandarizados para a compartición de contidos educativos dixitais.


Obxectivos

1.Achegar ferramentas prácticas, reflexivas e creativas que promocionen o desenvolvemento do pensamento do alumnado fomentando o seu espírito crítico.

2.Comprender o valor da actitude reflexiva para a aprendizaxe.

3.Coñecer, mediante a experimentación, as posibilidades da narrativa, da arte e dos xogos como potenciadoras das habilidades de pensamento.

Contidos

1.O programa Philosophy for children de M. Lipman.

2.O Proyecto Noria de Angélica Sátiro.

3.As habilidades de pensamento.

4.Valores e actitudes éticas.

5.O xogo como medio de expresión e aprendizaxe: xogar a pensar con arte, con contos e con xogos.

6.A aprendizaxe dialóxica: concepto de diálogo. O mestre como facilitador dialóxico.

7.A xestión e organización das sesións de Filosofía: As regras do diálogo filosófico. A creación do ambiente. O rexistro e análise das sesións. Comunicación coas familias.

8.A avaliación figuro-analóxica: autoavaliación e coavaliación desde un enfoque lúdico e dialogante.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  García Sexto, Eva

Enderezo Electrónico:  cafi.infantil.primaria@edu.xunta.gal