Descrición da actividade


Título

A función docente

Forma de participación

En rede

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G1101033
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  30/04/2012  -  08/06/2012
Data límite de inscrición: 20/12/2011
Lugar: Platega
Prazas:  50

Horas totais

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 30
 

Destinatarios

  • Bacharelato
  • Educación infantil
  • Educación primaria
  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

590 - Profesores de ensino secundario
597 - Mestres

Temas e subtemas

Plan anual - 2011-2012

Criterios de selección

Terá preferencia o profesorado que se incorpora por primeira vez á función docente na nosa comunidade autónoma. Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos

1.Dar a coñecer ao profesorado o marco lexislativo e organizativo no que desenvolve a súa función docente e proporcionarlle pautas de actuación na aula e no centro.

2.Sensibilizar ao profesorado sobre a función orientadora-docente e proporcionarlle pautas para o desenvolvemento desta función. Ofrecerlle información sobre medios, recursos e técnicas para a atención á diversidade.

3.Propiciar o coñecemento das estruturas do Servizo de Formación do Profesorado e Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación e dos recursos que ofrecen ao profesorado.

Contidos

1.O sistema educativo

   1.1.Organización

   1.2.Lexislación educativa

   1.3.Estrutura da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

   1.4.Plans e programas da Consellería

   1.5.Aspectos legais da lingua galega no ensino

   1.6.O centro educativo

2.O centro educativo

   2.1.Regulación, organización e funcionamento

   2.2.O ensino - aprendizaxe e a xestión da aula

   2.3.Acción titorial: funcións e plan de acción

3.O currículo e o seu desenvolvemento

   3.1.Propostas organizativas, curriculares e metodolóxicas

   3.2.A atención á diversidade nunha escola inclusiva. Necesidades específicas de apoio educativo.

   3.3.A transversalidade e a educación en valores.

   3.4.A avaliación como instrumento no proceso de ensino - aprendizaxe.

4.Dereitos e deberes do profesorado e do alumnado

   4.1.Convivencia nos centros e xestión de conflitos.

   4.2.Responsabilidade civil e penal dos docentes e patrimonial da administración

   4.3.Responsabilidade penal do menor

5.Os servizos de apoio ao profesorado: Servizo de Formación do Profesorado e Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Calvo Díaz, María Isabel

Enderezo Electrónico:  cafi.org.div@edu.xunta.gal