Descrición da actividade


Título

Moodle como ferramenta de apoio no traballo por proxectos no ámbito científico-matemático-tecnolóxico

Forma de participación

En rede

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G1101023
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  13/02/2012  -  10/05/2012
Data límite de inscrición: 20/12/2011
Lugar: Platega
Prazas:  60

Horas totais

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 30
 

Destinatarios

  • Bacharelato
  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

590006 - Profesores de ensino secundario. Matemáticas

590007 - Profesores de ensino secundario. Física e química

590008 - Profesores de ensino secundario. Bioloxía e xeoloxía

590019 - Profesores de ensino secundario. Tecnoloxía

Temas e subtemas

Plan anual - 2011-2012

Criterios de selección

Precísanse coñecementos previos de informática, así como destrezas en xestión de contidos web 2.0. Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos

1.Coñecer as principais características de Moodle como software para a creación de cursos en liña no ámbito científico matemático e tecnolóxico.

2.Coñecer e utilizar adecuadamente todos os recursos e actividades que se poden crear en Moodle, distinguindo cales son máis adecuadas en cada situación de aprendizaxe.

3.Coñecer e utilizar correctamente as ferramentas de avaliación que incorpora Moodle.

Contidos

1.Posibilidades que Moodle ofrece ó profesorado para a correcta administración dun curso en liña de apoio ó ensino presencial no ámbito científico-tecnolóxico e matemático. Vantaxes sobre outras opcións.

2.Principais compoñentes de Moodle: bloques, recursos ou módulos transmisivos e actividades interactivas e avaliativas. A súa configuración e distribución nos cursos.

3.A edición de textos dentro de Moodle.

4.Actividades en liña elaboradas cun programa alleo a plataforma, como Hotpotatoes.

5.Introdución ás principais aplicacións Open Source que poden utilizarse para incorporar contidos aos cursos de Moodle no ámbito científico-tecnolóxico e matemático: GeoGebra, Ardora, Jclic, LIM.

6.O traballo por proxectos e a súa relación co Moodle. Actividades colaborativas: foro, chat, base de datos, glosario e wiki.

7.O sistema de avaliación e cualificación en Moodle. Ferramentas de avaliación formativa e sumativa.

8.Taller práctico: elaboración dun curso completo en Moodle para unha materia dun determinado nivel. Cada curso incluirá: elaboración e xestión de contidos, elaboración e xestión de actividades e xestión de alumnos.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Collazo Trigo, Santiago

Enderezo Electrónico:  scollazo@edu.xunta.gal