Descrición da actividade


Título

Formación a distancia de coordinadores e coordinadoras das tecnoloxías da información e da comunicación en centros educativos. Edición Abalar

Forma de participación

En rede

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: X1101062
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  06/10/2011  -  16/12/2011
Data límite de inscrición: 20/09/2011
Lugar: Platega
Prazas:  55

Horas totais

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 30
 

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Temas e subtemas

Plan anual - 2011-2012

Criterios de selección

Persoas coordinadoras do proxecto Abalar Profesorado de centros adscritos á Rede Abalar Resto do profesorado segundo os criterios do plan anual de formación

Obxectivos

1.Divulgar as distintas experiencias do panorama nacional na integración das tecnoloxías da información e da comunicación baixo a filosofía da Escuela 2.0 e dos proxectos derivados como o Proxecto Abalar.

2.Potenciar a capacidade para elaborar e desenvolver proxectos, tarefas e actividades de aula e centro utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación existentes nos centros educativos e integrándoos nas programacións didácticas.

3.Aproveitar o potencial didáctico das ferramentas colaborativas de Internet e dos bancos de recursos educativos para a xestión do currículo educativo. Axudar a desenvolver as capacidades para o desempeño de labores de administración e mante

Contidos

1.Competencia dixital e tratamento da información. Proxecto TIC nos centros educativos, novos retos. Escuela 2.0: innovación tecnolóxica e metodolóxica.

2.Integración didáctica das tecnoloxías da información e da comunicación nos diferentes niveis educativos e áreas, para o desenvolvemento dos proxectos de centro e de aula. Boas prácticas coas TIC.

3.O Plan Abalar: integración de elementos da aula Abalar e propostas didácticas.

4.Utilización de ferramentas e aplicacións en internet como medio de traballo colaborativo.

5.Ferramentas de catalogación e análise de material multimedia dispoñible na rede: utilidades da web 2.0.

6.Os dereitos de autor de materiais educativos. Licenzas Creative Commons.

7.A rede da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Medios e recursos a disposición do profesorado, dos centros, da xestión e da formación.

8.Administración básica de equipos informáticos.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Hidalgo Cortijo, Raúl José

Enderezo Electrónico:  rhc@edu.xunta.gal