Descrición da actividade


Título

Integración do proxecto Climántica na materia Ciencias para o Mundo Contemporáneo

Forma de participación

Mixta

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: S1101070
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  21/01/2012  -  10/03/2012
Data límite de inscrición: 16/01/2012
Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación Educativa (CAFI)
Prazas:  40
Observacións prazas: 
Non se pagará desprazamento. Entregarase guia didáctica a cada asistente.

Horas totais

Horas presenciais: 20
Horas non presenciais: 30  (En rede)
 

Destinatarios

  • Bacharelato
  •   - 1º Bacharelato
        * 8004 - Ciencias para o mundo contemporáneo

Corpos e especialidades

590006 - Profesores de ensino secundario. Matemáticas

590007 - Profesores de ensino secundario. Física e química

590008 - Profesores de ensino secundario. Bioloxía e xeoloxía

590019 - Profesores de ensino secundario. Tecnoloxía

Temas e subtemas

Plan anual - 2011-2012

Criterios de selección

1º) Impartir Ciencias para o Mundo contemporáneo 2º) Demais docentes do ensino secundario relacionados cos ámbitos científicos e tecnolóxicos

Obxectivos

1.Afondar nas bases metodolóxicas para desenvolver a materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo coas TIC

2.Reflexionar sobre a oportunidade que supón a sostibilidade abordada dende o cambio climático, para obter un modelo de secuenciación lóxica das diferentes dimensións da ciencia fronteira recollidas no currículo de Ciencias para o mundo conte

3.Afondar nas investigacións actuais en relación coa sostibilidade e o cambio nos ámbitos da ciencia fronteira recollida no currículo de Ciencias para o Mundo Contemporáneo (CCMC).

Contidos

1.Do Big bang ao problema ecolóxico: aproximación do cosmos á problemática ambiental e aos riscos naturais.

   1.1.Materia e vida no universo. Algo novo?

   1.2.As novas galaxias, novas opcións para a vida?

   1.3.Unha pregunta para o século xxi para situarnos no cosmos: máis estrelas, ou máis planetas?

   1.4.Outra pregunta para reflexionar sobre a vida no cosmos: ademáis das superterras, existen outros tipos de planetas aínda descoñecidos?

   1.5.Lugares do sistema solar que merecen unha visita para situarnos como planeta vivo.

   1.6.Momentos da historia da terra que merecerían unha viaxe no tempo para comprender a situación ambiental actual 2050: o futuro crítico.

   1.7.Epílogo: o universo e a terra

   1.8.Riscos xeolóxicos e impactos ambientais

   1.9.Desenvolvemento sostible e riscos naturais: exemplos da interacción humana nos procesos naturais

   1.10.A sobreexplotación de recursos e o colapso das civilizacións: aprender do pasado para planificar o futuro

   1.11.Recursos naturais: o deterioro ambiental, consecuencia final do desenvolvemento?

   1.12.A auga como recurso limitado

   1.13.Os riscos do século xxi. canto teñen de natural e canto de antropoxénico?

2.A ciencia contemporánea do cambio climático.

   2.1.Conceptos básicos do cambio climático nos ecosistemas terrestres no IPCC e as súas implicacións en Galicia

   2.2.Conceptos básicos do cambio nos ecosistemas acuáticos no IPCC e as súas implicacións en Galicia

3.Reflexións da ciencia contemporánea sobre a mitigación e adaptación ao cambio climático.

   3.1.Desenvolvementos tecnolóxicos sobre enerxía e sustentabilidade: pasado, presente e futuro na sociedade do cambio climático

   3.2.Ensinanzas da xenómica sobre as adaptacións ao cambio climático e proxecións cara o futura adaptación ao cambio climático

4.Metodoloxías tic para o desenvolvemento do currículo das ciencias para o mundo contemporáneo conducidas pola sostibilidade.

   4.1.A sostebilidade desde o cambio climático como fío condutor da materia ciencias do mundo contemporáneo

   4.2.As posibilidades da autoformación orientada mediante a didáctica multimedia de www.climantica.org para a materia de ciencias do mundo contemporáneo

   4.3.Utilidades dos edublogs para o desenvolvemento do currículo de cc. do mundo contemporáneo

   4.4.Integración do blog no traballo dunha materia nunha aula: dinámicas previas na aula, visitas guiadas ao blog guía, normas de publicación, consulta de categorías, avaliación da participación dos estudantes, o blog como un caderno de aula.

   4.5.A utilidade da webquest en ciencias para o mundo contemporáneo: orixe da técnica, tarefa, o modelo de avaliación da webquest e, que hai detrás dunha webquest?

   4.6.Discusión e argumentación: papel do docente en entornos construtivistas, análise dunha discusión, dinamización e orientación das discusións, estrutura dunha discusión, proceso, un modelo de avaliación dunha discusión

   4.7.Outras técnicas didácticas baseadas en internet: miniquests, cazas do tesouro e viaxes virtuais, actividades interactivas, etc.

5.Investigación_acción para desenvolver un proxecto na aula en base a esta proposta e mediante un edublogue CCMC de Climántica.

   5.1.Posta en común do deseño e desenvolvemento da aplicación da actividade a través do edublogue de aula

   5.2.Avaliación da participación e implicación dos estudantes

   5.3.Orientacións para fortalecer e extender as boas prácticas e para melloras en base a experiencia desenvolta

   5.4.Valoración da capacidade de réplica da proposta



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Sebastián Junquera, Ángel José

Enderezo Electrónico:  asebastian@edu.xunta.gal