Convocatoria do proxecto BIBLIOTECA CREATIVA

Xov, 03/09/2020 - 10:07

Achégase arquivo coa convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 2 de setembro de 2020, do Proxecto BIBLIOTECA CREATIVA, para apoiar a cultura da experimentación e a investigación, dos robots e da linguaxe de programación nas bibliotecas escolares dos centros públicos que matriculan alumnado de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2020/2021. Inclúese anexo I de solicitude.

  • O prazo para a presentación de solicitudes remata o 23 de setembro de 2020.