Premio dos Clubs de Lectura 2021 para Eva Mejuto

Ven, 23/04/2021 - 09:48
be

Co gallo da celebración do Día do Libro 2021, publícase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 23 de abril de 2021, pola que se recoñece á escritora Eva Mejuto co Premio dos Clubs de Lectura 2021, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no ano precedente, neste caso, durante o curso 2019/2020.