Convocatoria de Clubs de Lectura para centros públicos de ensinanza primaria e secundaria de Galicia. Curso 2021/22

Ven, 03/09/2021 - 11:12
bibliotecas escolares

Publicase a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 12 de agosto de 2021, pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional  ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2021/22.

  • O prazo límite para presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2021 (data incluída).