Convocatoria dos Clubs de Lectura, en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, durante o curso 2023/24

Mar, 03/10/2023 - 09:05
cl

Publícase a Resolución do 2 do outubro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva  o funcionamento de Clubs de Lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2023/24.

  • O prazo límite de presentación de instancias será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria.