Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25

Mar, 07/05/2024 - 09:25

Xúntase a Resolución do 9 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25.

 

NOTA: As/os aspirantes á especialidade de Espeleoloxía, ademais da superación das probas de acceso específicas deberán superar unha entrevista coas empresas do sector. No caso de non acudir, decaerán no seu dereito a cursar as devanditas ensinanzas.

AVISO IMPORTANTE: A proba de carácter específico da modalidade de Vela realizarase o día 10 de xullo nas instalacións do Centro Galego de Vela (Rampla Cavadelo, s/n, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) por causas sobrevidas.