Inicio

 

Premios ao alumnado

 

 

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal. Convocatoria 2018/19

       

     

    Normativa

     

    Solicitudes

    Para realizar unha solicitude hai que facer o seguinte:

    1. Cubrir a solicitude:

    Para facer a solicitude hai que entrar na aplicación premiosedu con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Despois de acceder á aplicación premiosedu, hai que seleccionar a opción de menú “Solicitudes”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que hai que comprobar e/ou cubrir os datos persoais e de contactoos datos académicos e os méritos a alegarDespois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Solicitudes”. Nesta lapela hai que premer no botón “Engadir” e completar o resto de información relativa á solicitude. Unha vez cuberta a solicitude hai que gardar o borrador da mesma para poder facer a presentación electrónica.

     

    2. Asinar e presentar a solicitude de xeito electrónico:

    Para asinar e facer a presentación electrónica da solicitude deberase acceder ao borrador da mesma na aplicación premiosedu e a continuación premer no botón Presentar E Firmar ESede Electrónica” que enlaza coa sede electrónica da Xunta de Galicia previa autenticación mediante Chave 365 ou certificado dixital.

    Unha vez dentro da sede electrónica atoparase a solicitude xa cuberta. A continuaciónpoderase achegar a documentación para a cal non se autorizou a consulta por parte da administración e outra documentación que se considere oportuno.

     

    Para solucionar as posibles dúbidas que poidan xurdir sobre o procedemento a seguir para realizar as solicitudes pódese consultar o manual da aplicación a través da seguinte ligazón.

     

     

    Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Convocatoria 2018/19

      

      24/07/19: Publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído. 

      Consulta de información nesta ligazón.

       

      Premios extraordinarios de bacharelato. Convocatoria 2018/19

       

      09/07/19: Publicadas as puntuacións provisionais.

      Consulta de información nesta ligazón

       

      Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior. Convocatoria 2017/18

       

      01/07/19: Publicada no DOG a concesión dos premios.

      Consulta de información nesta ligazón