Inicio

  • Apertura do prazo de presentación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) do curso académico 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes de non participación no CADP abranguerá desde o día 15 de maio ao 31 de maio de 2024, ambos incluídos.

  • COMO REALIZAR A SOLICITUDE DE NON PARTICIPACIÓN?

1º) Acceder a aplicación de Substitutos mediante a súa identificación persoal ( https://www.edu.xunta.gal/substitutos/)

2º) Ir a: Solicitar renuncia CADP

3º) Incluir datos DNI

4º) Premer en “Nova Solicitude”

5) En “Datos da Solicitude”, debe seleccionar a Causa da renuncia e a Documentación xustificativa. Unha vez cubertos eses campos, prema en “Gardar” e aparecerá unha mensaxe “A solicitude foi gardada correctamente”.

6) Prema agora en “Validar solicitude” e revise se todo está correcto e de ser así , prema en “Confirmar”, e sairá a seguinte mensaxe “ A solicitude foi validada correctamente”. Prema agora en “Comprobante”, e debe aparecerlle a seguinte mensaxe. “A súa petición de informe está sendo procesada. Para ver o informe debe ir ao buzón de informes. Pode acceder ao buzón empregando o enlace do menú”.

7) Acceda ao Buzón de informes e descargue a solicitude.

8) Asine a solicitude e proceda a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o modelo de Solicitude xenérica (código de procedemento PR004A) seguindo os pasos que se indican a continuación:

-Acceda a ligazón premendo aquí

-Prema no botón en cor laranxa “Tramitar en liña”

-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder. Prema no botón “Aceptar”

-Introduza o seu NIF e o seu contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital

-Nestre intre xa pode cubrir a solicitude para a presentación electrónica da solicitude (código PR004A). A continuación encha o formulario da solicitude tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar SOLICITUDE DE NON PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS (CADP) 2024-2025

b) No campo DESTINATARIO debe elexir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Unha vez cuberta a solicitude prema no botón “Continuar”

-Neste paso debe anexar a seguinte documentación:

a) a solicitude de non participación cuberta anteriormente no enderezo https://www.edu.xunta.gal/substitutos asinada.

b) a documentación xustificativa da solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais.

Unha vez anexada a dita documentación, prema no botón “Continuar”

-A seguir deberá asinar a solicitude xenérica e presentala no rexistro electrónico premendo no botón “Asinar e presentar”

-Por último, a sede electrónica informaralle que estará correctamente presentada a súa solicitude e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.

  • QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE?

Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación xustificativa de que o persoal interino ou substituto se atopa nalgunha das situacións relacionadas no punto décimo quinto do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería publicado mediante a Resolución do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 89 do 10 de maio).