Skip to Content

Problemas coa actualización de Moodle

Un dos nosos cursos (o de Tecnoloxía) tiña varias imaxes. Trala recente actualización de Moodle perdéronse todas. Son imaxes que podemos recuperar doutros soportes, pero é algo que non debería pasar e tal vez non sexades conscientes do problema. Na lista de ficheiros do curso aínda aparecen os nomes das imaxes, pero non se poden abrir. Pode que sigan gardadas e haxa algún problema de indexación, pero facendo unha busca dos arquivos co net2ftp non aparecen.

Actualización moodle

Non deberían desaparcer ningún arquivo dos cursos durante o proceso de actualización xa que están no directorio moodledata e esa carpeta non se toca durante a migración.

Pode ser un problema de permisos na carpeta.

Indicarémoslle a persoa que fixo a actualización que revise o proceso.

O problema debe ser file.php

Eu creo que o problema debe estar relacionado co arquivo file.php. Non é que desaparezan os arquivos, estes seguen estando en moodledata, pero por algunha razón, cando se intentan cargar mediante o ficheiro file.php o proceso ás veces non funciona. Nós temos problemas só coas imaxes, non temos problemas con arquivos pdf, zip ou similares. A verdade é que é un engorro traballar así, a ver se o podedes arranxar pronto. Un saúdo

Config.php

En realidade o problema está no config.php, pero xa se solucionou


forum | by Dr. Radut