Celebrando o día do libro

01/05/2024

- O pasado 23 de abril celebramos o día do libro no CEE María Mariño, cun programa de radio no que participou todo o centro. Comentamos libros lidos en clase e outros lidos na casa, por iniciativa propia do noso alumnado. Os máis apasionados lectores do noso centro  aproveitaron a ocasión para recomendar os libros que máis lles gustaron aos seus compañeiros e compañeiras... Os intrépidos locutores que dirixiron o programa foron os alumnos dos programas formativos de Formación Profesional. Presentouse un elaborado guión do programa como se pode ver no enlace indicado a continuación:

ver guia do programa

- O programa desenvolveuse en diversos momentos da xornada e ,ademáis das entrevistas mencionadas, lemos varios párrafos das aventuras de "O Inxenioso fidlago do Quixote da Mancha": as famosas frases do inicio, a loita contra os muiños de vento... Fixemos un pouco de historia sobre a primeira gramática de Europa, a castelá de Antonio Nebrija, e outros detalles de interese... Foi unha xornada moi intensa na que todos participamos...