Localización e contacto

CEE María Mariño

Enderezo: Xubias de Arriba, 16, 15006, A Coruña

Teléfono: 881961102

                881961106

E-mail: cee.maria.marinho@edu.xunta.gal

Ver o cole no mapa

Obradoiro de experimentos

Nesta xornada de venres, o alumnado involucrouse no obradoiro de experimentos proposto por mestres e estudantes do Grao de Bioloxía da Universidade da Coruña. Deste xeito, aprendemos sobre crustáceos, virus e vacinas, equilibrios malabaristas, e pegadas dactilares.

Publican en Zalatecno o titorial que preparamos sobre paxaros do xardín

17/04/2024

- Zalatecno publica o titorial que preparamos para o IES Ramón Menéndez Pidal...

ver presentación

Convocatoria dos Campamentos específicos 2024

Taller de enxerta e fitopatoloxía aplicada no IES Ramón Menéndez Pidal

16/04/2024

- O IES Ramón Menéndez Pidal publica en Instagram a nosa última visita...

ver publicación

II Contacontos CIFP Anxo Casal

Este martes, contamos novamente coa visita do voluntariado do CIFP Anxo Casal, que dispuxo unha sesión participativa da man dos contos "Paxariña de papel" (de Antonio Rubio) e "Poñerémoslle un bigote" (Mar Benegas).

Graciñas!

Visita á Escola de Tenis Marineda

Hoxe tivemos a oportunidade de visitar as instalacións da Escola de Tenis Marineda. Da man dos seus adestradores, o alumnado puxo en práctica as súas destrezas neste deporte dun xeito lúdico e moi enriquecedor. Qué ben o pasamos!

Rematamos o segundo trimestre do curso 2023-2024.

07/04/2024

- Seguimos traballando e aprendendo máis cousas sobre xardinería, viveirismo, ecoloxía, paisaxe... e a vivir un pouquiño máis en contacto ca natureza.

ver traballos

Rugby CRAT Coruña

Nesta xornada de venres acudiron ao centro membros do Clube de Rugby inclusivo do CRAT Coruña. Da man do seu mestre Juan "Cala" propuxéronlle ao alumnado unha actividade de coñecemento e posta en práctica das habilidades e dos valores sociais que este deporte conleva.

Contacontos CIFP Anxo Casal

Comezamos o trimestre con moita positividade da man do voluntariado do CIFP Anxo Casal, mergullándonos nos contos "Todo o mundo vai", "Lúa", "É un libro", e "Oh!". Graciñas!

Distribuir contido