ORGULLO DE ALUMNADO

29/03/2022

Asier volve ao cole co orgullo de gañar o campeonato de España individual e de conxunto de Ximnasia Artística que se celebrou en Cuenca a pasada fin de semana.
Démoslle o seu merecido recoñecemento á súa chegada ao centro. PARABÉNS ASIER!!!!

 

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO

 

Día da árbore

28/03/2022

Para darlle a benvida á primavera, no día da árbore plantamos carballos nunha zona próxima ao cole. Gracias ao profe Guillermo e aos rapaces de xardinaría, todas as aulas do centro puideron plantar a súa propia árbore. Agora toca seguilas coidando para que medren sans e fortes.

 

Seguimos aprendendo con ECO-Seguriño

26/03/2022

Continuamos co traballo no noso Plan Proxecta 2021-2022 de Seguridade Vial Ecoseguriño. 

Estamos a tope traballando para mellorar a sinalización dos nosos camiños seguros ao cole coainestimable axuda dos Programas Formativos de Fp e de todo o cole volcado para mellorar anosa seguridade. 

Xa veredes canta sorpresiña temos agardando.

E mentres traballamos nas aulas sobre o tema e comezamos a roda de visitas do Equipo daDXT; gran apoio!.

De aquí a fin de curso visitarannos en 4 ocasións máis e onte fixérono para fixar conceptos sobre o paso de peóns. 

Pasámolo moi pero que moi ben!

Grazas Susana e grazas Quico e vémonos o 22 de Abril para coñecer moi ben o semáforo.

E veña ENTROIDO!!!

07/03/2022

Pois aquí tendes desvelado o mistero sobre o que se agachaba detrás do telón do escenario do Entroido 2022.

Esperamos que vos guste. Nós pasámolo xenial no cole cantando e bailando disfrazados dos nosos grupos favoritos. Aquí queda unha mostra de elo.

 

Chegou o ENTROIDO

25/02/2022

Dende primeira hora da mañá, arrincaron os preparativos do ENTROIDO 2022 no CEE María Mariño.

Que se agochará detrás do telón nesta celebración? 

 

Moi pronto o saberedes... prestade atención, e que empece a música!

Mentres tanto, pasade un bo entroido!

DÍA DA PAZ

31/01/2022

Este mes, e cada día, celebramos no noso centro o Día da Paz. Un ano máis, intentamos derrubar muros de violencia para crear paredes amables e cheas de paz.

Aquí tendes un video con algunhas imaxes da actividade.

 

 

ESTE NADAL...

21/12/2021 15:11

Este Nadal, o centro encheuse de actividades a modo de calendario de advento. Fixemos adornos, coñecimos ao apalpador, iluminamos os corredores, envolvimos regalos, e mesmo coñecimos a Papa Noel.

Neste Genially podedes ver algunhas imaxes do acontecido neste mes.

 

 

Desexamos que pasedes unhas Boas Festas e vémonos de novo o 10 de xaneiro.

 

25N, día Internacional contra a violencia de xénero

25/11/2021

Co motivo do 25N, o día contra a violencia de xénero, no noso cole fixemos varias actividades. Por unha banda, colgamos lágrimas violetas nas que cada alumno/a reflexou unha mensaxe en contra da violencia de xénero.

 

 

Tamén fixemos un mural no que a foto de cada persoa do centro ía acompañada de 3 adxectivos positivos.

O Magosto xa chegou!

24/11/2021

Xa chegou o outono ao cole, por iso celebramos un Magosto no que fixemos diferentes actividades: Pintamos follas de cores, fixemos colares con castañas, cucuruchos para comelas asadas e unha olimpiada na que este froito do outono foi o protagonista.

Ademais, tamén tivemos unha aula de outono na que cada clase tiña que buscar unhas castañas agochadas de diferentes cores. Pasámolo xenial. Aquí tendes un video con algunhas fotografías da celebración.

 

Roadshow Urban de A Coruña

08/11/2021

Este curso académico 2021-2022 no noso cole imos traballar para mellorar a nosa Conciencia de Mobilidade Urbana e Sostible; levando a cabo un montón de actividades para mellorar a nosa seguridade e conciencia viaria para a seguridade e o coidado do Medio Ambiente.

Para iso contamos co Plan Proxecta que bautizamos co nome de Eco-Seguriño e que así se chamará a nosa mascota que moi pronto coñeceredes.

Na xornada escolar do venres 5 de Novembro comezamos esta viaxe coa invitación dos nosos amigos da DXT da Xefatura provincial de A Coruña; Susana e Quico (Grazas por todo!). E da súa man participamos un grupo moi numeroso de alumnado acompañado polos profes e coidadores no Roadshow Urban de A Coruña na explanada da Dársena.

Contamos con diferentes actividades alí e un montón de monitores agardándonos comezando no Motorhome cunha experiencia única de Realidade Virtual na que nos convertemos en protagonistas do futuro da mobilidade urbana.

Tamén descubrimos a CIDADE 30 mediante Realidade Aumentadadescubrindo todo o que necesitamos saber do novo modelo de cidade máis sostible e segura.

E para rematar un partidiño de tenis que nos veu moi ben para coller folgos para a volta ao cole.

Foi una experiencia moi enriquecedora para todos e todas e aprendemos un montón de cousiñas. Volvemos prontiño. Grazas! E sempre SEGURIÑOS!

 

 

Distribuir contido