Esgrima no CEE María Mariño (Clube 100Tolos)

No día de hoxe visitou o noso centro Manel Villadóniga, mestre tirador (e Campión Mundial) do clube de esgrima 100Tolos; levando á cabo unhas sesións centradas no coñecemento e práctica deste deporte; favorecendo a adquisición por parte do alumnado de habilidades, respeto a normas, estratexias e toma de decisións.

Rematamos o ano cas actividades de Nadal

07/01/2024

- E rematamos o ano facendo diversas actividades sobre temática navideña: o Apalpador, carteleiras sobre nadal, actividades cos outros equipos de dinamización do centro... E como remate final, Santa Claus fíxonos unha visita!

Carteleira de educación primaria e secundaria

Cartelira para educación secundaria e formación profesional

Actvidades celebradas en colaboración con outos equipos do CEE María Mariño

- E a visita de Santa Claus:

 

 

 

 

Bo Nadal

Dende o CEE María Mariño, queremos aproveitar para desexarvos un Bo Nadal, no que disfrutar como se merece dos seres queridos.

Felices festas!

Saída ao Planetario

No día de hoxe, o alumnado visitou a Casa das Ciencias da Coruña, para asistir no seu planetario á sesión "O ceo de Cloe"; percorrendo unha viaxe a través das estrelas, as súas características, as Galaxias e a Vía Láctea.

O comic está de moda.

03/12/2023

- O que antes chamábamos TBO, foi pouco a pouco evolucionando en contido, calidade de debuxo e diálogos, temática, etc hasta o que hoxe en día chámase comic ou banda deseñada (BD). Ampliamos os nosos fondos de comics aproveitando tamén o tema do proxecto de centro de este curso, sobre A Coruña. A combinación de debuxo e literatura é unha boa forma de fomentar a afección pola lectura.

 

 

Charlas na biblioteca

03/12/2023

- Traballamos por desenvolver todas as facetas da personalidade do noso alumnado: impartironse  no espazo da biblioteca charlas sobre cyberbullying e sexualidade para os alumnos dos programas formativos de formación profesional básica e secundaria.

Esta vez non puido ser...

03/12/2023

- O ano pasado o PFFPB de Cociña acadou o primeiro premio no I Concurso de Baristas, celebrado no pazo de Goiáns (Pontevedra). No curso 2021-22 o PFFPB de Xardinería e Viveirismo acadou a medalla de bronce no I Campionato FPSkillsbasica. Neste curso presentamonos de novo ás GaliciaSkills2023, pero non puido ser esta vez... De todas formas ahí queda o esforzo dedicado a preparar as probas, e a ilusión ca que xa estamos a preparar as seguintes. Parbéns ao noso equipo.

Visita de Alberto Seoane

Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar dunha visita moi especial. En véspera do Día Internacional das Persoas con Discapacidade; pasou polo centro o xogador de tenis de mesa Alberto Seoane (internacional español); poñendo en práctica unha sesión na que nos contou a súa experiencia persoal, a preparación de cara aos Xogos Paralímpicos de París 2024, e o xeito de acadar os logros acumulados ao longo da traxectoria profesional. Posteriormente, ofreceuse a xogar uns partidiños co alumnado, permitindo vivenciar a práctica deste deporte dun xeito lúdico e especial.

Seguimos a traballar nos hortos do IES Ramón Menéndez Pidal...

26/11/2023 22:25

 

Xogando para aprender...

26/11/2023

- Na biblioteca temos unha colección de xogos, desde os máis tradiconáis, ata os máis modernos dende o punto de vista didáctico.

 

 

- Traballamos sobre o 25N, o Día Intenacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller e, finalmente, o celebramos o venres 24 de novembro.

 

Distribuir contido