Seguimos traballando da man do PLAMBE un ano máis...

22/11/2023

Continuamos este ano dentro do PLAn de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), tras ser admitidos no pasado curso 2023-24. O proxecto de centro (Proxecto Documental Integrado, o PDI) para este ano estará dedicado a nosa cidade, A Coruña: o titulamos Vivir na Coruña... qué bonito é!

 

- A celebración do Samaín ten todos os anos unha gran aceptación por parte do alumnado... Preparamos a carteleira dos máis pequenos a a do alumnado de Formación Profesional con libros sobre esta temática... lendas, contos de terror...

 

 

Carteleira de Primaria e Secundaria

 

Carteleira de FP

 

- Organizáronse tamén actividades relacionadas co Samaín... 

Praga de picudo vermello en Zalaeta...

17/11/2023

- Podemos ver como, nas nosas rúas e nos alrededores da Coruña, o picudo vermello (Rhyncophorus ferrugineus) está a secar as palmeiras canarias en fincas particulares, xardíns, pazos... Incluso poidemos ler recentemente no periódico, cómo é necesario tamén intervir nos xardíns de Méndez Núñez para frenar o ataque ás palmeiras que alí se atopan, incluídas no catálogo da Xunta de Especies Senlleiras.


 

- A pesar dos tratamentos fitosanitarios aplicados na palmeira canaria (Phoenix canariensis) do patio do IES Zalaeta, todo apunta a que non superou o ataque do picudo vermello... Na foto podemos ver as larvas de color amarelo, que son as que comeron o brote principal da palmeira, ocasinándolle a morte. De cor marrón aparece tamén o niño dentro do que a larva realiza a súa metemorfóse, para transformárse no escarabello vermello que podemos ver voando durante a  etapa de reproducción.

Iniciamos unha nova etapa de traballos de xardinería e viveirismo no IES Ramón Menéndez Pidal

17/11/2023

 

 

Magosto

Hoxe conmemoramos o Magosto no centro con música a cargo dos Gaiteiros do Pedroso, castañas asadas, e moita troula!

Samaín

Despois do traballo desenvolto polo alumnado os días previos (confección de cabazas, decoracións, traxes, podcasts...); conmemoramos o samaín disfrutando dunha festa temática con doces de elaboración propia, posta en común do traballo realizado e entrega de premios. Qué ben o pasamos!

Circular Inicio de Curso Escolar 23-24

Becas NEAE 2023-2024

05/09/2023

Estimadas familias, dende o Departamento de orientación infórmase que o Ministerio de Educación y Formación Profesional convoca, un ano máis, as becas para o aluimnado con necesidades específicas de apoio educativo, ca novidade dun subsidio (400 €) para gastos adicionáis de carácter xeral independente da renda familiar, ao que ten dereito todo o alumnado con Necesidades Eduicativas Especiáis. 

O prazo de entrega da solicitude e da documentación no centro, remata o 20 de setembro

A tramitación da solicitude faise seguindo os pasos indicados no segiuinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

Ata o vindeiro curso!

Ata o vindeiro curso!

Primer premio no campionado de baristas 2022-2023

12/05/2023

O PFFPB de Servicios de Restaruración do CEE María Mariño, acadou o primeiro premio no primer concurso de baristas para centros de educación especial. Parabéns campións!

 

Ciencia na rúa 2023

09/05/2023

Participamos por terceiro o ano consecutivo no día da Ciencia na rúa, que se celebrou no parque de santa Margarita. Alí intentamos dar a coñecer un pouquiño máis o traballo que facemos no CEE María Mariño. Incluso fixéronnos unha entrevista pola radio...

 

Distribuir contido