DEPORCAMPUS

22/06/2022

Dende o RC Deportivo, envíannos información sobre o campus de verán.

Achegámosvos o enlace para información e inscripción.

http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/genuine-2022/inicio

CIRCULAR FIN DE CURSO

21/06/2022

Xa se achegan as vacacións... Foi un curso cheo de aprendizaxes para todas e todos, e o día 22 poñeremos broche final a este curso 21-22.

Adxuntamos a circular de fin de curso con información detallada.
Un saúdo.

Rematamos a nosa actividade no IES Menéndez Pidal neste curso

18/06/2022

PFFPB de Xardinería e Viveirismo:

Rematamos o noso traballo no IES Menéndez Pidal por este curso. Seguiremos ca mesma ilusión despois do verán...

Presentamos o segundo titorial "Mellorando o noso entorno II" e actualizamos o noso Diccionario visual.

Neste vídeo (vídeo HD) poderedes ver algúns dos nosos traballos de este curso tanto en Zalaeta como no CEE María Mariño. A música do vídeo compuxérona os alumnos de música do IES Ramón Menéndez Pidal.

Plogging en Santa Cristina

10/06/2022

Antes de rematar o curso, fixemos unha saída á praia de Santa Cristina a facer unha actividade de Plogging. Trátase dunha actividade deportiva na que ademais coidamos o medio ambiente. ¿que vos parece?

En MAIO Móvete!

03/06/2022

Este mes de maio, no noso cole fixemos moitas actividades para mover o corpo. Aquí queda un video con algunhas delas. Xa estamos disfrutando as que nos ten preparadas o mes de xuño! ^-^

 

 

O PASO DE PEÓNS

02/06/2022

Xa estamos rematando o proxecto ECO-SEGURIÑO, e queremos deixar por aquí unha das actividades que realizamos e na que aprendimos cousas importantes sobre os pasos de peóns.
Esperamos que vos guste e que tomedes boa nota dos nosos consellos.

 

BOLSAS DE AXUDAS PARA O ALUMNADO

20/05/2022 13:26

Dende o día 19 de maio de 2022,  comezou o prazo para solicitar as bolsas de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, o cal remata o 30 de setembro de 2022.

Seguimos aprendendo coa DGT

22/04/2022

Uso de máscaras.

22/04/2022

Estimadas familias:

Adxuntamos a última información emitida pola Consellería de Educación sobre o uso das máscaras no ámbito educativo.

Un saúdo.

BOAS VACACIÓNS

08/04/2022

Distribuir contido