Convocatoria dos Campamentos específicos 2024

Taller de enxerta e fitopatoloxía aplicada no IES Ramón Menéndez Pidal

16/04/2024

- O IES Ramón Menéndez Pidal publica en Instagram a nosa última visita...

ver publicación

II Contacontos CIFP Anxo Casal

Este martes, contamos novamente coa visita do voluntariado do CIFP Anxo Casal, que dispuxo unha sesión participativa da man dos contos "Paxariña de papel" (de Antonio Rubio) e "Poñerémoslle un bigote" (Mar Benegas).

Graciñas!

Visita á Escola de Tenis Marineda

Hoxe tivemos a oportunidade de visitar as instalacións da Escola de Tenis Marineda. Da man dos seus adestradores, o alumnado puxo en práctica as súas destrezas neste deporte dun xeito lúdico e moi enriquecedor. Qué ben o pasamos!

Rematamos o segundo trimestre do curso 2023-2024.

07/04/2024

- Seguimos traballando e aprendendo máis cousas sobre xardinería, viveirismo, ecoloxía, paisaxe... e a vivir un pouquiño máis en contacto ca natureza.

ver traballos

Rugby CRAT Coruña

Nesta xornada de venres acudiron ao centro membros do Clube de Rugby inclusivo do CRAT Coruña. Da man do seu mestre Juan "Cala" propuxéronlle ao alumnado unha actividade de coñecemento e posta en práctica das habilidades e dos valores sociais que este deporte conleva.

Contacontos CIFP Anxo Casal

Comezamos o trimestre con moita positividade da man do voluntariado do CIFP Anxo Casal, mergullándonos nos contos "Todo o mundo vai", "Lúa", "É un libro", e "Oh!". Graciñas!

O PFFPB de Reprografía traballa duro no Proxecto Documental Integrado do noso centro.

16/03/2024

- Todos traballamos no PDI de este curso que, como xa dixemos, titulamos Vivir na Coruña. O grupo de FP de Reprografía fixo un fabuloso traballo de deeño, preparación e colocación de vinilos na entrada do CEE María Mariño ilustrando con moito gusto o tema que escollimos para este ano. Un traballo moi profesional...

Espectáculo de títeres

Na última sesión da xornada de hoxe, o alumnado de EBO asistiu ao espectáculo de títeres "Raio the Loubican", a cargo de Ton Arenas; mergullándose na historia e guiando aos personaxes nas diversas situacións xurdidas. Graciñas!

Visita ao centro do Clube de Tenis Marineda

 

Dentro do Plan Proxecta+ e do convenio con Emalcsa, hoxe visitaron o noso centro adestradores do Clube de Tenis Marineda; co fin de ensinarnos habilidades propias deste deporte dun xeito lúdico que nos fixo disfrutar a esgalla da xornada.

Distribuir contido