Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

Actualidade

Bolsas e axudas para alumnado n.e.a.e.

Prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para alumnado con necesidade de apoio educativo: Dende o 18 de maio ao 30 de setembro de 2023.

Para acceder a solicitude pincha no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

BECAS E AXUDAS MEFP 2022-2023

Comunicamos que o prazo para solicitar a bolsa xeral do curso 2022 - 2023 adiantouse: é do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022. A convocatoria de axudas de apoio ao estudo para o curso 2022 - 2023 dirixidas a alumnos con necesidade específica de apoio educativo aínda non se publicou, segundo a información dispoñible na web publicarase a partir do mes de maio. Recomendámosvos que teñades en conta este adianto de prazos a efectos de recoller toda aquela documentación xustificativa necesaria.

Para máis información pincha no link:  https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

TRANSPORTE ESCOLAR

O día 10 de xaneiro de 2022 inícianse os novos contratos de transporte escolar dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As rutas e horarios das paradas poden ter alteracións. O luns 10 de xaneiro comezará a ruta nas mesmas condicións que antes do Nadal pero ao longo da semana realizaránse axustes nos horarios (para reducir o tempo de permanencia do alumnado no interior do vehículo), que serán comunidados a través da páxina web e de AbalarMobil.

  • O servizo prestado por Autopullmans Travidi continuará coa mesma empresa.
  • Os servizos prestados por Autocares Cancela, M. García e Caínzos López serán asumidos pola empresa ALSA Grupo S.L.U.

Para un correcto funcionamento do servizo pedímoslle que reporten coa maior celeridade as incidencias que poidan xurdir a través do correo electrónico cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal.

VÉMONOS Á VOLTA DO NADAL!

O inicio das clases á volta de vacacións de Nadal será o luns 10 de xaneiro.

Para os usuarios do servizo de transporte: o vindeiro día 10 de xaneiro comeza a execución da nova contratación do transporte escolar dependente desta Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Polo tanto, dende o día 10 deixaranse de prestar os servizos polo/s actual/is prestatario/s, comezando a prestalos o novo adxudicatario, para o noso centro TRAVIDI e ALSA.

A medida que teñamos máis información irase publicando na web, esperamos que o cambio de contratación distorsione o mínimo posible.

Recollida de máscaras

Compra online Mascarillas quirúrgicas blancas en La Tienda de Mascarillas

Do martes 14 de decembro ata o martes 21 de decembro poderedes recoller na conserxería do centro as máscaras para o alumnado matriculado en educación primaria e ESO no CEE Nosa Señora do Rosario, distribuidas segundo a ORDEN do 28 de outubro de 2021 pola que se regula os criterios e o procedemento de distribución de mascarillas entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería así como en centros privados concertados no curso 2021/22.

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

O venres 6 de novembro a Xunta de Galicia publicou a orde que regula a distribución de máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial no curso 2020/2021. De entre todo o alumnado matriculado no centro, o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/2021 non ten que presentar solicitude. O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar pero que estea matriculado en educación especial (infantil e programas formativos de FP básica) ten que presentar a solicitude no centro, preferiblemente de xeito telemático, ou a través de sede electrónica (código de procedemento ED330E).

Renovación do Consello Escolar

Publicación da Resolución do 22 de outubro de 2020, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos

A VOLTA AO COLEXIO

  

Galicia mantén o inicio do curso escolar para o 10 de setembro, coa incorporación gradual das alumnas e alumnos.

 

Datas de incorporación no CEE Nosa Señora do Rosario:

- Alumnado de Educación Especial (Infantil, Primaria e ESO): 10 de setembro

- Alumnado de Programas formativos FP básica: pendente de confirmación

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31756

As Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 poden consultarse no Portal Educativo, cos cambios resaltados respecto da anterior versión do Protocolo, na seguinte ligazón: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31754