Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.

Iniciar sesión

ANIVERSARIOS MARZO E ABRIL

Nestes días nos que estamos na casa, hai alumnas e alumnos que están de aniversarios. Como non vos podemos felicitar en persoa, deixámosvos aquí a nosa pequena homenaxe.

PARABÉNS A TODAS E TODOS!

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe, día 2 de abril celebramos o Día Mundial da concienciación do Autismo. Desde a Biblioteca deixaronvos unha pequena sorpresa.

http://axaneladossonos.blogspot.com/2020/04/dia-mundial-do-autismo.html

Bo día e lembrade que hoxe: #LIUB

Un aplauso para tod@s vós

Coronavirus - No es ni un príncipe ni una princesa

Bo día a tod@s,

esperamos que estedes ben. Compartimos convosco este conto de María Coco Hernando que atopamos sobre o Coronavirus. Unha boa explicación cunhas ilustracions moi chulas. Deixamos por aquí o enlace do blog da nosa biblioteca no que o poderedes atopar.

http://axaneladossonos.blogspot.com/?m=0

 

Fundación Botín - Educación Responsable

Bo día familias:

Como lembraredes estamos inmersos no proxecto de Educación Responsable da Fundación Botín. Desde a mesma aconséllanos levar a cabo, botando man do "Banco de Ferramentas", as seguintes actividades para que a estadía na casa sexa máis levadeira.

LSE para o tempo de lecer

Compartimos por aquí a iniciativa da Plataforma de Accesibilidade Artística Nacional. Esta foi creada para poder disfrutar la Lingua de Signos.

 

Arte Accesible

@arteaccesiblenacional

 

As nosas rapeiras e a "Nosa Estrela Galega"

Deixámosvos por aquí o rap que as nosas alumnas prepararon para o concurso da Voz de Galicia e que quixeron compartir con todas vós.

Tedes en arquivos adxuntos a letra por se tamén vos queredes animar a cantala con elas.

Actividades do Servicio Municipal de Educación

No marco da situación inaudita que nos tocou vivir nestas datas, a Federación de Anpas, en colaboración co Servizo Municipal de Educación, marcouse como obxectivo claro e para combater o aillamento obrigado, o de manter o interese da rapazada e xuventude polos programas educativos que se terían feito en situación de normalidade.

EU QUEDO NA CASA

Desde o Concello da Coruña ánimannos en Lingua de Signos a non sair da casa.

https://twitter.com/ConcelloCoruna/status/1241117384997470208