Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

Retorno da actividade lectiva presencial

Os niveis educativos impartidos no noso centro non están incluídos no retorno da actividade lectiva presencial do 25 de maio.

Con Cilia no cole: O programa de conciliación no verán da Federación de ANPAS de centros públicos da Coruña

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta.

CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN NOS CENTROS CÍVICOS

Bo día familias,

deixámosvos aquí á oferta de campamentos de verán que oferta o Concello de A Coruña para nenas e nenos que nacesen entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2016. As preinscricións serán os días 27, 28 e 29 de maio.

Decorando as nosas hortas

Bo día,

deixamos por aquí unha nova proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares para que non vos esquezades do horto.

Experimentos no Confinamento

Compartimos convosco esta suxerencia do Equipo do Club de Ciencias para que poidades continuar cos experimentos desde casa. Sabemos que non é o mesmo, pero a ciencia debe continuar.

 Pulsa na imaxe para acceder

Día das Letras Galegas 2020 - Ricardo Carvalho Calero

Como ben sabedes, este domingo é o Día das Letras Galegas. Este ano, o máis rariño que acordamos, homenaxéase a Ricardo Carvalho Calero, autor ferrolano e defensor da lingua galega.

Pulsa na Imaxe para acceder ao Material

Ao redor da súa figura e da súa obra "As pitas baixo a choiva", preparamos actividades, vídeos, información... Todo accesible e listo para que o disfrutedes.
Esperamos que vos guste!!

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares

Bo días,

xa estamos de volta coas actividades que nos facilitan cada semana os compis do equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Esperamos que a proposta vos guste.

Saúdos.

Educación Responsable - Banco de Recursos Educación Emocional

Ola a todas/os! deixámosvos por aquí un material do Banco de Recursos de Educación Emocional (Educación Responsable - Fundación Botín). Dar as grazas á profe Sonia pola elaboración do recurso. Esperamos que vos guste!

https://play.makeit.app/?code=795183 

 

Moitas grazas querida Amalia por coidar da nosa horta

Hoxe queremos facerlle unha pequena homenaxe a Amalia, xa que estase a encargar do coidado da nosa pequena horta, para que siga crecendo e o traballo do noso alumnado non fose en balde.

Ata estamos a pensar en cambiarlle o nome á nosa "Horta de Charito" e chamala a "Horta de Amalia". Os nosos aplausos de hoxe e este poema de Díaz Castro van para ti. Moitas grazas por todo! 

Herba pequerrechiña,
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sin ti.
Por que, de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sen ti!

Xosé María Díaz Castro - Esmeralda (Nimbos) 1961

 

Festival Solidario Accesible LSE

09/05/2020 12:00
09/05/2020 20:00
Europe/Madrid

https://www.instagram.com/p/B_2w5lIoTjh/