Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Iniciar sesión

Benvidos ao curso 2022/2023

A comunidade educativa do CEE Nosa Señora do Rosario quere darvos a benvida a este novo curso 2022-2023.

O día 8 de setembro comezarán as clases para todo o alumnado do centro de xeito simultáneo, desde educación infantil ata programas formativos.

A entrada ao centro será pola porta de transporte, a cal permanecerá aberta de 8:50 a 9:00 horas. Rogamos puntualidade dentro dese horario (ante situacións excepcionais como citas médicas, o acceso será pola mesma porta).

As merendas faranse antes do tempo de lecer na propia aula, recoméndase as familias enviar alimentos que faciliten o consumo autónomo por parte do propio alumno ou alumna, sempre promovendo unha alimentación saudable.

O alumnado deberá ter toda a roupa marcada co seu nome e unha bolsiña co cepillo e pasta de dentes. Despois do xantar fomentarase a autonomía no cepillado de dentes. As familias deberán supervisar diariamente o estado dos útiles para o axeitado cepillado de dentes, non quedará no centro.

A saída de todo o alumnado será pola porta do comedor, sexan ou non usuarios do servizo. Ás 14:00 horas os que non asisten ao comedor e ata as 15:00 horas o alumnado de comedor.

Os servizos de comedor e transporte escolar funcionarán desde o primeiro día de clase. Non haberá quendas de comedor e segundo a información dispoñible previa ao inicio de curso, os horarios de transporte non sufrirán alteracións.

É moi importante que teñades os teléfonos de contacto ante emerxencias actualizados e dispoñibles durante o horario lectivo. 

Ante calquera incidencia ou dúbida podedes pedir cita presencial no centro ou contactade con nós a través do teléfono do centro 881961070 / correo electrónico cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal