Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

Programa Cóxegas setembro 2023

Trasladamos dende a ANPA do centro a seguinte información:

Está aberto o prazo de inscrición no programa Cóxegas ata o día 5 de setembro ás 23:59 h.

Enlace para acceder ao formulario de inscrición: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Calquera dúbida contactar coa ANPA.

Lectura e Familias (cambio de hora)

Convidámosvos o próximo luns 19 de xuño ás 16:30 á nosa biblioteca. 

Teremos:

  • Obradoiro. No que Alba Pérez, especialista en Comunicación Aumentativa e Alternativa, daranos consellos para a lectura de contos, favorecendo a participación dos nosos rapaces sexan ou non usuarios de CAA.
  • Contacontos. Para que os pequenos disfruten dun conto a través da CAA

II Xuntanza

Estades convidados todos e todas á II Xuntanza de Familias do CEE Nosa Señora do Rosario.

Teremos contacontos, obradoiros de pintacaras e globoflexia, xogos e un pequeno aperitivo para que disfrutemos dunha tarde de convivencia e diversión.

Contamos con vós!

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 Axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 2023/2024.

Onde se atopan os detalles da convocatoria:

No portal web da Consellería de Cultura, Educación,
 Formación Profesional e Universidade:

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Directamente no Diario Oficial de Galicia de 19 de maio de 2023: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.pdf

 

Prazo de presentación de solicitudes

Do19 de maio ao 21 de xuño de 2023 (incluídos)

 

Procedemento de presentación de solicitudes
Hai tres maneiras de presentar a solicitude:
A) De xeito manual e presencial
B) Con creación de solicitude na aplicación e presentación
presencial
C) Con creación de solicitude na aplicación e presentación electrónica (IMPORTANTE: Por cuestións técnicas,a
presentación electrónica esixe que se presente unha
solicitude individual para cada alumno beneficiari

Letras Galegas 2023:Francisco Fernández del Riego

Querendo homenaxear ao autor deste ano, Francisco Fernández del Riego, elaboramos a seguinte revista, tentando seguir coa tradición de mesmo, o cal publicaba a revista RESOL. Fernández del Riego foi o fundador da editorial Galaxia, e publicou a revista, integrada por follas de colores entre os anos 1932 e 1936. Esperamos que vos guste.

Becas NEE e NEAE 2023-2024

Aberto o prazo para solicitar a beca de NEE e NEAE. Prazo aberto desde o 8 de maio de 2023 ao 20 de setembro de 2023.

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

BECAS Y AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOYO EDUCATIVO.  CURSO 2021-2022 -

Algaman VS Contaminadores

Presentamos con moito agarimo o corto realizado polos Programas Formativos e no que colaborou o alumnado de Secundaria. Grazas a Omar Rabuñal Varela por facelo posible e parabéns a tódalas actrices e actores.

Días non lectivos

Recordamos que o día 1 de maio é festivo nacional e o día 2 de maio é o día non lectivo escollido polo centro. Non voltaremos ás clases ata o día 3 de maio.

Cantamos coas mans

Bo día familias,

Deíxamosvos por aquí a ligazón ao concurso e votación da canción que presentamos ao concurso "Cantamos coas Mans". Esperamos que vos guste,

https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html