Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

Aviso folga no sector do transporte de viaxeiros

Informamos que o vindeiro xoves, 18 de maio, está convocada unha folga no sector do transporte de viaxeiros que podería afectar ao funcionamento e horarios das rutas do centro. 

BECAS EDUCACIÓN MEC (XERAIS)

 

Poderán ser beneficiarios das distintas contías  os/as alumnos/as que no ano académico 23/24 estean matriculados neste centro en programas formativos.

 

PRAZOS:

27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Para calquera información no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html.

Escola de nais e pais

Nesta nova xornada a proposta é poñer en práctica estratexias nas vosas rutinas diarias para axudar aos rapaces e rapazas a avanzar na súa linguaxe. Todos e todas seredes benvidos, sexa cal sexa o voso modo de comunicación. Contamos con vós!

 

Parabéns ao Grupo 7

O noso alumnado do Grupo 7 resultou gañador na súa categoría no Concurso Anual de Carteis en pro da igualdade organizado pola Xunta de Galicia. Moitos parabéns polo voso traballo!

https://www.elidealgallego.com/articulo/a-coruna/tres-centros-coruneses-ganan-premios-concurso-carteles-xunta-8-m-4190075

Entroido 2023

Depois dun desfile tan animado chegou o momento de descansar e gozar do entroido en familia. Vémonos o xoves 23! 

FELICES VACACIÓNS

Esperamos que pasades unhas felices festas e vémonos á volta, o día 9 de xaneiro de 2023

Patio para o CEE Nosa Señora do Rosario

Axudádenos a conseguir un patio para o alumnado do centro.

Soamente poden votar os empadroados en Coruña, pero compartide e difundide (por redes, familia, amizades...). Entre todos e todas podemos facelo realidade! 

Enlace de participación:

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/4051

Temos de prazo desde hoxe, día 6 de outubro, ata o 18 de outubro. 

Moitas grazas.