Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Iniciar sesión

Charla informativa para familias

Benvidos ao curso 2022/2023

A comunidade educativa do CEE Nosa Señora do Rosario quere darvos a benvida a este novo curso 2022-2023.

O día 8 de setembro comezarán as clases para todo o alumnado do centro de xeito simultáneo, desde educación infantil ata programas formativos.

A entrada ao centro será pola porta de transporte, a cal permanecerá aberta de 8:50 a 9:00 horas. Rogamos puntualidade dentro dese horario (ante situacións excepcionais como citas médicas, o acceso será pola mesma porta).

As merendas faranse antes do tempo de lecer na propia aula, recoméndase as familias enviar alimentos que faciliten o consumo autónomo por parte do propio alumno ou alumna, sempre promovendo unha alimentación saudable.

O alumnado deberá ter toda a roupa marcada co seu nome e unha bolsiña co cepillo e pasta de dentes. Despois do xantar fomentarase a autonomía no cepillado de dentes. As familias deberán supervisar diariamente o estado dos útiles para o axeitado cepillado de dentes, non quedará no centro.

A saída de todo o alumnado será pola porta do comedor, sexan ou non usuarios do servizo. Ás 14:00 horas os que non asisten ao comedor e ata as 15:00 horas o alumnado de comedor.

Os servizos de comedor e transporte escolar funcionarán desde o primeiro día de clase. Non haberá quendas de comedor e segundo a información dispoñible previa ao inicio de curso, os horarios de transporte non sufrirán alteracións.

É moi importante que teñades os teléfonos de contacto ante emerxencias actualizados e dispoñibles durante o horario lectivo. 

Ante calquera incidencia ou dúbida podedes pedir cita presencial no centro ou contactade con nós a través do teléfono do centro 881961070 / correo electrónico cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal 

Documentación alumnado (editable)- Inicio de curso

IMPORTANTE: Os documentos poderán cubrirse e adxuntarse en formato editable remitíndoos á dirección de correo electrónico do centro (cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal), indicando no asunto o nome e apelidos do alumno ou alumna en cuestión. 

Documentación alumnado- Inicio de curso

IMPORTANTE: Os documentos poderán ser impresos, escaneados e remitidos á dirección de correo electrónico do centro (cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal), indicando no asunto o nome e apelidos do alumno ou alumna en cuestión. 

Xuntanza Familias do Rosario

Estamos moi contentos de convidaros a todos e todas á primeira Xuntanza de Familias do Rosario.

Teremos espectáculo de maxia, obradoiros de pintacaras e globoflexia, xogos e un pequeno aperitivo para que disfrutemos todos xunt@s dunha tarde de convivencia e diversión.

Contamos con vós!

Xornadas Mediación Comunicativa

Como saberedes no centro hai alumnado en practicas do FP2 en Mediación Comunicativa. Compartimos con vosco a iniciativa que están a desenvolver xunto á Casas da Mocidade Oleiros. O programa será o seguinte:

Na mesa 1: Teremos exercicios de dactilolóxico (o alfabeto manual).

Na mesa 2 : Coñeceremos o sistema Braille.

Na mesa 3: Aprenderemos algunhas cousiñas básicas dunha lingua oficial en España… A

lingua de signos española.

Na mesa 4: Amosarémosvos os pictogramas.

Na mesa 5: Se pasaches polas 4 mesas e conseguiches as túas pegatinas… Ven recoller aú túa recompensa!

https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/2022/05/23/xornada-de-mediacion-comunicativa/

Animádevos!

Bolsas e axudas para alumnado n.e.a.e.

Prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para alumnado con necesidade de apoio educativo: Dende o 18 de maio ao 30 de setembro de 2023.

Para acceder a solicitude pincha no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

Campaña polo dereito á Comunicacion

A Campaña  ImpliCAAteEduCAAme, desenvolta por ALFASAAC co apoio do Ministerio de Asuntos Exteriores, ten como obxectivo a promoción do dereito á comunicación e a alfabetización para persoas con necesidades complexas de comunicación.

Para promover esta campaña, desde ALFASAAC, crearon dous posteres con ilustracións específicas sobre os dereitos en comunicación e alfabetización que nos gustaría compartir convosco xa que cosideramos necesario sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de garantir o dereito de todas as persoas á alfabetización nas contornas familiares, terapéuticos, educativos e de lecer.

Campaña polo dereito á comunicación e alfabetización - Alfasaac

Tedes adxunto o arquivo PDF do poster para ver o mesmo con mellor calidade.

Días non lectivos

Informamos que os días 16 e 17 de maio, non haberá clase por ser día non lectivo e festivo, respectivamente. 

Retomaremos a actividade lectiva o mércores, 18 de maio

Un saúdo.