Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Iniciar sesión

Días non lectivos

Informamos que os días 16 e 17 de maio, non haberá clase por ser día non lectivo e festivo, respectivamente. 

Retomaremos a actividade lectiva o mércores, 18 de maio

Un saúdo. 

 

RECORDATORIO: CHARLA NEUROEDUCACIÓN E ALIMENTACIÓN

Recordamos que hoxe, martes 31 de maio, temos programada unha charla vía Zoom para familias organizada polo Instituto ILAI dentro da campaña Come Local 2022 da que o centro forma parte. 

Adxuntamos información da sesión:

Tema: Neuroeducación e alimentación.

Data e hora: 31 de maio, ás 20:00 h. (1 hora de duración, aproximadamente).

Enlace á reunión:

https://us06web.zoom.us/j/83822513832?pwd=MnQ4Q2MyekJEdXRiTmw1ejFReXpCQT09

ID de reunión: 838 2251 3832
Código de acceso: 683441

Un saúdo.

 

Equipo de comedor. 

BECAS E AXUDAS MEFP 2022-2023

Comunicamos que o prazo para solicitar a bolsa xeral do curso 2022 - 2023 adiantouse: é do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022. A convocatoria de axudas de apoio ao estudo para o curso 2022 - 2023 dirixidas a alumnos con necesidade específica de apoio educativo aínda non se publicou, segundo a información dispoñible na web publicarase a partir do mes de maio. Recomendámosvos que teñades en conta este adianto de prazos a efectos de recoller toda aquela documentación xustificativa necesaria.

Para máis información pincha no link:  https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

Feliz Entroido

Desexámosvos un feliz Entroido e uns merecidos días de descanso.

Deixámosvos por aquí as nosas creacións do Entroido Galego. Esperamos que vos gusten tanto como a nós.

Vémonos á volta, o xoves 3.