Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

Día do Libro 2021

Non podemos deixar pasar o "Día do Libro 2021" sen compartir convosco o reto que nos lanzou Charibot, a nosa mascota da biblio. Queredes saber no que consistiu o reto? Convidamosvos a acceder á seguinte ligazón para descubrilo:

A XANELA DOS SOÑOS: DÍA DO LIBRO

Pola nosa parte, animarvos a participar e dar as grazas a "Charibot" por convidarnos a participar nuns retos tan chulos.

Por certo, para que non o saiba, a nosa Charibot é este curso "Charigrina". Anda de peregrinación pola "Vía da Plata" e resulta admirable que se pare un pouco no camiño para lanzarnos este reto. Boa viaxe Charigrina, non estás soa, nos tamén estamos axudándote a conseguir os Km para chegar a tempo a Santiago para o día das Letras Galegas.

Charigrina

Foto de Arquivo de Charigrina antes de coller o avión a Sevilla para comezar a peregrinación.

 

 

Vacacións de Entroido

Informamos que o período de vacacións de Entroido será do 15 ao 17 de febreiro, ambos inclusive, tal e como se establece na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21. 

Retomaremos as clases o xoves, 18 de febreiro. Ata entón, desfrutade de estos días. 

Un saúdo. 

Acceso á aula virtual

HERRAMIENTAS DEL AULA VIRTUAL | Entornos virtuales de aprendizaje, Centros  de aprendizaje, Aula

Xa están activas as aulas virtuais dos diferentes grupos.

Para poder acceder ao espazo do voso fillo/a,  tedes que introducir o nome e apelido do alumno/a separado por un punto con letras minúsculas (nome.apelido), ademáis de marcar o contrasinal:12345

Ao acceder por primeira vez o sistema solicitará unha contrasinal propia.

Ante calquera dúbida contactade coa titora e será ela quen traslade a incidencia ao equipo de TICs.

Recollida de máscaras

Compra online Mascarillas quirúrgicas blancas en La Tienda de Mascarillas

Do martes 14 de decembro ata o martes 21 de decembro poderedes recoller na conserxería do centro as máscaras para o alumnado matriculado en educación primaria e ESO no CEE Nosa Señora do Rosario, distribuidas segundo a ORDEN do 28 de outubro de 2021 pola que se regula os criterios e o procedemento de distribución de mascarillas entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería así como en centros privados concertados no curso 2021/22.

ÚLTIMAS CIRCULARES

Información de Interés Semanal - Oropesa del Mar - Turismo de sol y playa y  mucho más

Os vindeiros luns e martes, 7 e 8 de decembro respectivamente, non serán lectivos, tal e como se establece no calendario escolar (Orde do 25 de xuño de 2020).

3 de Decembro - Día da (Dis) Capacidade

Así celebramos no Cole o día da Discapacidade.

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

O venres 6 de novembro a Xunta de Galicia publicou a orde que regula a distribución de máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial no curso 2020/2021. De entre todo o alumnado matriculado no centro, o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/2021 non ten que presentar solicitude. O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar pero que estea matriculado en educación especial (infantil e programas formativos de FP básica) ten que presentar a solicitude no centro, preferiblemente de xeito telemático, ou a través de sede electrónica (código de procedemento ED330E).

DOCUMENTACIÓN COVID

                                

 

Renovación do Consello Escolar

Publicación da Resolución do 22 de outubro de 2020, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos

ÚLTIMAS CIRCULARES

Cuarto día no lectivo de este curso escolar | CEIP Los Llanetes

Informamos que mañá mércores, 7 de outubro, non haberá clase por festividade local. 

Ademais o vindeiro luns, 12 de outubro será non lectivo tal e como se establece no calendario escolar (Orde do 25 de xuño de 2020, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia).