Skip to Content

blogue deMaria

BECAS 2024-2025 (ALUMNADO NEAE)

Dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024 está aberto o prazo de presentación de solicitudes das becas e axudas para o alumnado con NECESIDADE ESPECIFÍCA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE).

Para máis información podedes premer no seguinte enlace ou poñervos en contacto co Departamento de Orientación.

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

PODEDES VER A CONTINUACIÓN INFORMACIÓN SOBRE O PERÍODO DE ADMISIÓN:

 

 

AS VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO SON AS SEGUINTES:

NIVEL Nº DE VACANTES  RESERVA NEAE
4ºEDUCACIÓN  INFANTIL    20 3
5º EDUCACIÓN INFANTIL    5  
6º EDUCACIÓN INFANTIL    2  
1º EDUCACIÓN PRIMARIA    11 3
2º EDUCACIÓN PRIMARIA    3  
3º EDUCACIÓN PRIMARIA    5  
4º EDUCACIÓN PRIMARIA    0  
5º EDUCACIÓN PRIMARIA    4  
6º EDUCACIÓN PRIMARIA    1  

 

 

 

 

CURSO 23-24

 

O profesorado está poñendo todo a punto para recibir a todo o alumnado o vindeiro 11 de setembro ás 9 horas. Durante esta semana iremos actualizando datos na páxina web do equipo directivo, claustro, documentos, impresos, calendario..., e moita outra información de interese para as familias.

 

CALENDARIO 2023-24

PODEDES VER A ORDE QUE REGULA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 23-24 PREMENDO AQUÍ

Fondo solidario de libros de texto e axudas de material escolar

Desde o luns día 10 de xullo ata o martes 18 de xullo podedes pasar a recoller os vales correspondentes ás axudas de libros de texto e material escolar. 

O horario será de 10 a 13h.

LISTADO DE LIBROS CURSO 23-24

XA PODEDES VER O LISTADO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO NO DOCUMENTO ADXUNTO

Fondo solidario de libros e axuda para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023-2024

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso  2023- 2024 ao abeiro da ORDE do 10 de maio  de 2023.

 Fondo solidario de libros de texto:

-    Destinatarios: alumnado de 3º e 4º de primaria (excluído alumnado de 5º e 6º por pertencer a E-DIXGAL). 

 Axuda para adquirir libros de texto:

-    Destinatarios: alumnado de 1º e 2º de primaria.

Axudas para adquirir material escolar:

-    Todo o alumnado de Educación Primaria (tamén os de 5º e 6º).

Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e no caso de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.

 Formas de presentación:

 -    Telemática: os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros.

-   Presencial no centro: a familia entregará a solicitude anexo I (ver documento adxunto) e presentará dito documento no centro debidamente cuberto e asinado, xunto coa documentación. Se algunha persoa precisa que se lle imprima o anexo pode solicitalo a través das titorías.

Prazos de interese:

-    Presentación de solicitudes no centro escolar ou mediante sede electrónica: dende o 20 de maio ata o 21.06.2022

-     Uso dos vales nas librarías e demais establecementos: ata o 10.04.2024

 

Documentación:

Anexo I e Anexo II.

Complementaria    (PREME SOBRE O TEXTO  PARA PODER VER A DOCUMENTACIÓN)

 

 

 Acceso a toda a información sobre este procedemento: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/39925

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

Podedes consular no seguinte documento adxunto o listado de libros e materiais para o vindeiro curso escolar.

 

 

Directrices sobre o uso das máscaras

 

PINCHA NO DOCUMENTO ADXUNTO OU NA IMAXE  PARA VER TODO O CONTIDO.

Distribuir contido


by Dr. Radut