Skip to Content

Inicio do curso 2020-2021

Este ano o inicio do curso producirase en dúas datas distintas segundo o curso do que se trate:

- O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

- O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Nos vindeiros días, e sempre antes do día 10, convocaremos ás familias por medio de abalarMóbil a unha reunión por videoconferencia (agás 4º de Educación Infantil) para unha información máis detallada de todas as novidades do presente curso.

 



blog | by Dr. Radut