Skip to Content

RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS ADSCRITOS (1º ESO)

PRAZOdo 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

 

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Alumnado de 6º de Educación Primaria que continúe os seus estudos no noso centro adscrito: IES Plurilingüe Castro da Uz.

 

QUE TEÑO QUE PRESENTAR PARA RESERVAR PRAZA?

A solicitude ED550A debidamente cuberta. Podedes descargala aquí:

 

ONDE PRESENTO A SOLICITUDE?

  • De xeito presencial: na secretaría do centro CEIP Plurilingüe A Fraga.
  • De xeito electrónico: a través da aplicación informática admisión alumnado.

 

E SE QUERO PRESENTAR A SOLICITUDE NUN CENTRO DISTINTO AO CENTRO ADSCRITO?

  • Formulario a cubrir: ED550B (solicitude de reserva).
  • Prazo: do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.
  • Onde presento a solicitude? Nas oficinas dos IES que se escolleron como primeira opción ou en calquera dos lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 



blog | by Dr. Radut