Secretaría

Eleccións Consello Escolar

Estimadas familias:

A continuación publicamos o calendario de renovación de membros do Consello Escolar, e incluímos como adxuntos a documentación na que se especifica o proceso e a papeleta na que se han de presentar as candidaturas. Papeleta que tamén podedes recoller no centro ou solicitar que vola enviemos a través de Whastsapp.

Grazas anticipadas!

Adquisición libros de texto curso 2021- 2022

Só o alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria deberá adquirir libros de texto para o próximo curso.

Os responsables do alumnado de 3º curso de Educación Primaria que, unha vez publicadas as listaxes definitivas de Fondo Libros, non estea incluído nas mesmas, recibirá notificación individual do material a adquirir.

 

Fondo LIbros

Estimadas familias:

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas do FONDO LiBROS.

A solicitude pode realizarse de xeito presencial ou telemático.

Tedes toda a información no seguinte enderezo:https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Se tedes algunha dúbida, por favor, poñédevos en contacto co centro.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA NOVA MATRÍCULA

12 Abr 2021 11:08
30 Xun 2021 11:08
Europe/Madrid

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O IES RÍO CABE PARA O CURSO 2021/2022

Comunicamos dende o centro que o alumnado de 6º de Educación Primaria que solicitou praza no IES RÍO CABE, para o vindeiro curso 2021/2022, está admitido.