EDLG

Murais Día da Muller

Preciosos murais feitos polo noso alumnado e coas fotos de todos e todas adornan estes días o colexio. Os dous son conmemorativos do DÍA DA MULLER.

Comic de Nadal

Presentámosvos un resumo dos comics de nadal que fixeron os nosos pequechos e pequechas. Premede na imaxe para poder velo!!

Dígocho eu medieval

O alumnado de educación infantil e primaria do noso cole saben moito do medievo. E non pensedes que o fan daquela maneira, pois saben falar con propiedade.... Dígocho eu!

FELICITACIÓN NADAL

A comunidade educativa do CEIP A GÁNDARA, con moito agarimo, quere transmitir os seus mellores desexos para estas festasl dun xeito especial. Ollade a postal a través da imaxe e premede nas bólas da árbore para gozar das orixinais felicitacións. 

Agardamos que vos gusten. BO NADAL E FELIZ ANINOVO!

Obradoiro de Nadal en familia con 3 e 5 anos

Con motivo da celebración de Nadal, esta semana as clases de cinco e tres anos recibimos a maravillosa visita dunha das súas familias para realizar un taller de manualidades. Neste caso elaboramos unha bonita e decorativa árbore de nadal.