Conmemoracións

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!

Non podiamos rematar o ano sen a nosa felicitación. Por iso, toda a comunidade educativa do noso cole foi partícipe do seguinte vídeo, co cal queremos desexarvos a todos e a todas BO NADAL e FELIZ ANINOVO!

Podedes velo, premendo na seguinte ligazón: https://youtu.be/6U2k2mNQrns

 

Non podedes perdelo!

Merendas de Nadal: BONECOS DE NEVE

As aulas de INFANTIL da Gándara enchéronse de BONECOS DE NEVE.

Mirade!!! Mirade!!

ASALTO AO CASTELO

O mércores, 15 de xuño de 2022, o alumnado de 6º de infantil (5 anos) subimos á Torre da Homenaxe ataviados con roupas de cabaleiros montando nos nosos cabalos de pau e logramos o noso obxectivo:

ASALTAMOS O CASTELO!!!!

EDUCACIÓN VIAL 2022

O alumnado de Educación Infantil estudamos moito para sacar o CARNÉ DE CONDUCIR e así saber transitar en bicicleta, monopatín... Fixemos un EXAME TEÓRICO e outro, PRÁCTICO. 

Mirade, mirade...

LETRAS GALEGAS 2022. Dígocho eu: PALABRAS FERMOSAS

Aquí tedes outra vez a nosa propia versión do   dígocho  eu  . Esta vez adicado a    PALABRAS FERMOSAS  como: axóuxere, pomba, papaventos, xoaniña, can e cadela, bolboreta, arco da vella, solleiro, morriña, chacueca e chacueco, aloumiñar, luscofusco, buxaina, ás agochadas, parasol, lentes, vermello e foliada.