Curso 2023- 2024

Saúde Bucodental.

O pasado 09 de abril, o noso alumnado de E.Infantil e 1º ciclo de E.Primaria recibiu unha charla sobre a importancia de manter unha correcta saúde bucodental.

Grazas a Sergio Rodríguez, Lucía Vázquez, Iván Sanchéz e Ana María Vicente, da CLÍNICA DENTAL ESCAIRÓN.

Conmemoración Día da Poesía e Contadas no CEE Infanta Elena

 

Para celebrar o Día da Poesía o alumnado do CEIP A Gándara creou uns creativos dioramas que expoñen as diversas poesías de Eva Teixeira sobre a natureza en caixas de cartón, a sustentabilidade e a reciclaxe, ao mesmo tempo que poñen a relucir as capacidades artísticas e creativas dos máis pequenos. Deixámosvos un vídeo deles para que poidades gozar tanto como nós destas creacións. 

Visita ao IES A Pinguela

O venres día 12 de abril, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria visitou o IES A Pinguela para coñecer, ademais das instalacións, as diferentes familias de Formación Profesional que se poden cursar nel.

Non podemos máis que agradecer o ben que nos recibiron e os fantásticos talleres (de informática, xestión económica, costura e perfumería) que nos ofreceron!

Abril

De compras por Monforte!

O alumnado da etapa de infantil visitou o mercado e algunhas tendas da cidade para coñecer a súa contorna e experimentar. Fixérono xenial e non podemos estar máis orgullosas.