Biblioteca

Contacontos pola Semana do Libro

Durante a Semana do Libro, as diferentes clases do CEIP Plurilingüe A Gándara organizaron contacontos para lerse uns aos outros. Todos os grupos desfrutaron desta actividade e puideron escoitar aos seus compañeiros contando diferentes historias. A continuación, deixámosvos un pequeno vídeo de mostra das sesións.

Que podemos ler? Preme na imaxe e verás!

TROCO DE LIBROS!

Que boa acollida tivo o intercambio de libros entre os alumnos e alumnas do cole! Foi moi interesante darlle unha segunda vida a todos estes contos! Grazas as familias por colaborar nesta actividade de fomento da lectura!

BIBLIOPATIO NA SEMANA DO LIBRO

A bibliopatio tivo moi boa acollida ao longo de toda esta semana adicada especialmente á lectura.

Tanto no patio de Infantil como no de Primaria estiveron dous carros cheos de bonitos contos!

TEMOS MOITA DIVERSIÓN NA BIBLIOTECA!