Curso 2022- 2023

A PALABRA DA SEMANA É...

Que ben o están a pasar os nenos e nenas da Gándara no Mercándara!

PREMEDE NA IMAXE E MIRADE!

VISITA TEATRAL DO CEIP PLURILINGÜE MONFORTE DE LEMOS

Esta semana veu o alumnado do CEIP Monforte de Lemos para agasallarnos cunha obra de teatro do máis fermosa.

A semana pasada fomos nós a ensinar tamén a nosa obra de teatro.

Ambas preparadas por Paqui. Grazas a todos e todas! Facédelo moi ben!

Correlingua 2023

O alumnado de 5º e 6º de E.Infantil e de 5º e 6º de E.Primaria participou no                                             

                                          CORRELINGUA 2023

Hoxe chamáronnos a marea amarela pois esa foi a cor que nos distinguiu do resto de centros de ensino participantes nesta marcha en prol da lingua galega.

Baixo o lema : " Na casa, na escola, bota a lingua fóra " partimos do Campo da Virxe e percorremos o camiño ata o Parque dos Condes onde asistimos a un breve espectáculo de maxia e un concerto do grupo Cuarta Xusta.

EXCURSIÓN A GALIPARK (3º e 4º Primaria)

 

PREMEDE NA IMAXE E VEDE O BEN QUE O PASARON!