EDLG

8 marzo: Día da Muller. Conto O LIBRO DOS PORCOS

Na tarde do mércores, 8 de marzo de 2023, o alumnado de 5º de primaria acercouse á aula de 4º de infantil (3 anos) a lernos o conto: O LIBRO DOS PORCOS. Este conto axudounos a reflexionar sobre a igualdade na realización das tarefas do fogar. Foi un tempo especial de convivencia entre distintos niveis.

 

Entrega de premios do CERTAME DE POESÍA DE NADAL

O mércores, 15 de febreiro, tivo lugar a entrega de premios do "Certame de Poesía de Nadal" no que participaron varios alumnos e alumnas do CEIP A Gándara, sendo agasallados Alejandro e Darlyn de 4º de Primaria. Noraboa!

CONCURSO DE POESÍA DE NADAL

Desde o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN informamos que o alumnado do CEIP A Gándara participou no concurso de poesías navideñas, en galego, convocado pola biblioteca municipal de Monforte de Lemos. 

Coa sorte de ser premiados, ademais, dous dos nosos alumnos. Noraboa!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

NON ESQUEZADES LER NAS VACACIÓNS, E DISFRUTADE MOITO!!

REVISTA ESCOLAR GANDARIÑA 2021-2022

E para rematar o curso, queremos compartir a edición anual da revista GANDARIÑA, que os nosos nenos e nenas fixeron con ilusión para contarnos como foi o ano escolar que remata. Agardamos que vos guste!!