EACE

EACE

DECORACIÓN SAMAÍN 2023

Todo listo para celebrar o Samaín.

Para ver como temos o cole adornado, picade na seguinte ligazón : 

https://youtu.be/9hH97lcnBkI                         

 

VENDIMA escolar INFANTIL

O mes de outubro comezou facendo a VENDIMA no patio de infantil do noso centro escolar.

As familias trouxeron acios de uvas que o equipo docente colgou polo valado do patio. Despois de facer grupos de cores formados por alumnado de 3, 4 e 5 anos, mesturados, comezou a vendima cortando os acios de uvas e botándoos en cestos. Ao rematar a vendima, houbo que acarrexar os acios ata o soportal onde tiñamos mesas, bancos e bandexas nos que cada grupo tivo que separar os bagos dos cangallos. Cando xa fixemos a selección, exprimimos as uvas coas mans para sacarlle o zume que, logo, filtramos empregando grandes coadores que nos cedeu o persoal de cociña.

CAMIÑO DO INVERNO. Infantil

O alumnado de 5º e 6º de infantil (4 e 5 anos) fixo o percorrido do CAMIÑO DO INVERNO desde o Monte de San Vicente ata o Parque dos Condes. Ao chegar abaixo ofreceuselle unha mazá e un botellín de auga.

Esta actividade foi organizada pola Asociación de Camiños de Santiago pola Ribeira Sacra e, como todos os anos, houbo unha numerosa participación de escolares da zona. A radio ONDA CERO e o xornal EL PROGRESO foron algúns dos medios que se fixeron eco do que estivemos a facer.

 

Andaina Escolar 5º e 6º de E.Primaria

O pasado venres día 06 o alumnado de 3º Ciclo de E.Primaria realizou un tramo do Camiño de Inverno organizado pola Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.

Queredes ver o ben que o pasaron dende Reigada a Monforte de Lemos ? Picade na seguinte ligazón :

                                https://youtu.be/6Os9XPXMwY4

     

PEXEGOS EN CONSERVA

Os PEXEGOS do horto escolar  foron apañados polo alumnado de 5º de primaria e, tras probar algúns, os que sobraron quedaron para poñelos en conserva.

Esta actividade foi dirixida e preparada por Sara Martínez Gallego quen coordina o proxecto de Voz Natura do noso centro escolar.