Curso 2023- 2024

Saída á Coruña 3º e 4º de primaria

O pasado 16 de febreiro os nenos e nenas de 2º ciclo de educación primaria fixeron unha saída á Coruña para visitar diferentes lugares na cidade. A saída compúxose dunha visita ao Domus, á Casa das Ciencias e ao Aquarium Finisterrae. Agardamos que disfrutedes o vídeo!

Premios do Concurso de Poesía de Nadal.

Hoxe os nosos alumnos/as premiados no Concurso de Poesía de Nadal convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro achegáronse á Casa da Cultura de Monforte onde a Tenente de Alcalde Dª Gloria Prada lles fixo entrega dos agasallos correspondentes.

Desfile de Entroido.

Desfile de Entroido no colexio. Este ano coa temática : " Monforte de Lemos medieval ".

Para velo, picade na seguinte ligazón : 

                                 https://youtu.be/VRvxfIb11Kk

Xoves de Comadres.

Un ano máis o noso cole participou no Concurso de Comadres que organiza o Concello de Monforte de Lemos e aínda que por mor da climatoloxía se cancelou o acto da Praza de España, aquí están os resultados : 

- Accésit para as comadriñas " As raíñas da Gándara " na categoría Barrios Colectivo.

- Accésit para a comadre " Inés de Castro. Raíña despois de morta " na categoría Centros de Ensino Individual.

Aquí deixamos unha fotos do día e un vídeo moi simpático titulado " O camarote das Gandariñas ". Poderedes velo picando na seguinte ligazón : 

Ordes do Meco!